ADA
  • ¿Qué es ADA?
    • Educación
    • Hipoterapia
    • Proyectos
    • Formación
    • Equipo
  • Que é ADA?
    • Educación
    • Hipoterapia
    • Proxectos
    • Formación
    • Equipo

O equipo

OLALLA
Directora de ADA

Imagen
Mestra de profesión, Olalla  é   tenaz, proactiva, xusta e coherente. Ten unha ilusión que transmite arredor dela e unha capacidade de traballo sobrenatural. Ten espíritu de nena e un amor polos animais que  a move a loitar por levar a cabo as súas ideas e proxectos.
LUCÍA
Educadora social

Imagen
Educadora social por vocación. Forte, resolutiva, divertida, creativa e cunha capacidade incrible para superarse. Gústalle ir á praia cos cans e bailar swing.
ALBA
Fisioterapeuta

Imagen
Fisioterapeuta especializada en neurorehabilitación, o seu traballo demostra a súa entrega e amor polo que fai. É unha persoa cercana e amábel á que lle encantan os animais e a natureza.
MARÍA
Psicóloga

Imagen
María é psicóloga. Ten moita empatía, dáselle moi ben comunicar e gústalle traballar coa xente vella. É unha persoa creativa, cercana, profesional e divertida. Gústalle moito bailar.
NOA
Bióloga

Imagen
Bióloga, doutora en bioloxía e educadora ambiental, especializada en educación ambiental. Noa é ilusión. Ten unhas ganas contaxiosas, móvelle a súa paixón polos animais, o medio ambiente e a vida. É amábel, positiva, traballadora e  sempre coida das demais persoas. Gústalle coser con telas preciosas e facer deseños xeniais.
TANGO
Can de intervención

Imagen
Tango é un can intenso, paixonal, enérxico, pero tamén sensíbel, cariñoso e protector. Gústalle traballar con peques, en particular con TEA. A súa maior paixón é xogar ao disco.
ÍTACA
Cadela de intervención

Imagen
Ítaca é unha cadela estábel, intelixente, doce e pallasa. Gústalle estar con xente vella. A súa maior afición é durmir no sofá, e tamén encántalle estar con cachorros de toda especie. Desfruta perseguindo gatos.
TOM
Can de intervención

Imagen
Tom é cariñoso e tranquilo. Gústalle traballar con persoas vellas, porque sempre dan moitas chuches e mimos. Encántalle xogar coa pelota e meterse na auga.
MENTIROSO
Cabalo de intervención

Imagen
É un cabalo moi nobre e tranquilo. É moi sensíbel e sempre vai tratar de evitar que ninguén se faga dano cerca. Gústanlle moito os bebés. Gústalle estar tranquilo e desfrutar da vida.
OLGA
Cadela de intervención

Imagen
Este furacán canino saíu da protectora e chegou para non marchar. Vaille a marcha, non para queda un momento e gústalle moito traballar. Encántalle ir ao monte a rastrexar.
TIZÓN
Cabalo de intervención

Imagen
Tizón é un cabalo moi respectuoso, seguro e intelixente. Valora moito o respecto e apreza o bo trato, e gústalle que lle traten ben e con cariño. Encántalle revolcarse na area.
CIRCE
Cadela colaboradora

Imagen
É unha cadela moi especial. Ten unha discapacidade que lle impide controlar os seus impulsos correctamente. É moi doce, cariñosa e impulsiva. É unha cadela feliz á que lle gusta todo e todo o mundo. Está a punto de comezar a traballar nun proxecto moi, moi bonito...
JULIETA
Cabra colaboradora

Imagen
Julieta é moi intelixente, túzara, pallasa e gústalle xogar. Encántalle investigar e curiosear, abrir portas e sacar as cousas do sitio. Tamén lle gusta moito comer. Traballa en educación medioambiental para concienciar sobre benestar animal e estivo en sesións con persoas con alzheimer.
NAMASTE
Can de intervención

Imagen
Namaste é un can moi tímido e cariñoso, inda que ao principio é desconfiado. Ten xordeira, polo que traballa con lingua de signos e aprendeu a seguir sinais. Traballa con persoas da comunidade xorda. Gústanlle as crianzas e xogar á pita.
RUMBA
Cadela de intervención

Imagen
Cariñosa compulsiva, xoguetona e alegre. Encántalle facer a croqueta na herba fresquiña e nadar tras as gaivotas. Gústalle moito a xente e é moi coidadosa coas crianzas.
LENDA
Perra de intervención

Imagen
Cadela cunha intelixencia emocional moi alta que xestiona moi ben ao resto de cans e as mandas. Non lle gustan nada os conflictos nin a enerxía demasiado alta. É moi cariñosa e tranquila e desfruta moito da xente. Lenda participa no proxecto Xesta nas saídas a rúa.
FRIDA
Perra de intervención

Imagen
Frida é unha cadela cariñosa, inda que ao principio pareza seria. Encántalle xogar á pelota e comer.
Ada intervenciones
Rúa E.Heraclio Botana, patio interior, 8 · 36201 · Vigo, Pontevedra
673 45 25 43
www.adaintervenciones.com

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • ¿Qué es ADA?
    • Educación
    • Hipoterapia
    • Proyectos
    • Formación
    • Equipo
  • Que é ADA?
    • Educación
    • Hipoterapia
    • Proxectos
    • Formación
    • Equipo