ADA
  • ¿Qué es ADA?
    • Educación
    • Hipoterapia
    • Proyectos
    • Formación
    • Equipo
  • Que é ADA?
    • Educación
    • Hipoterapia
    • Proxectos
    • Formación
    • Equipo

Proxectos e programas

Os nosos proxectos e programas traballan con colectivos en risco de exclusión social ou circunstancias desfavorábeis para mellorar a súa calidade de vida a través da natureza e os animais
Imagen

Sinerxía

Aproveitamos os recursos da natureza para mellorar a sociedade
Imagen

Valores

O respecto ás persoas, aos animais e á natureza é a nosa filosofía de traballo
Imagen

Inclusión social

Queremos traballar para que todas as persoas teñan a oportunidade de viviren, traballaren, relacionárense e realizárense

Proxecto Terra

Este proxecto busca fomentar a adopción de forma especializada, identificando para que é bo cada can e dirixíndoo a colectivos que poden estar buscando cans para traballar ou facer deporte.
Este proxecto lévase a cabo en colaboración coa protectora Os palleiros. Comeza coa selección de varios cans da protectora, que pasarán a un patio de estimulación, o cal se preparará con elementos naturais (follas, polas, pedras, sonidos y otros elementos interactivos) e onde estarán en contacto con persoas. Así,comezarán a adaptárense para a súa saída en acollida mentres traballan noutros proxectos concretos. Participando neses proxectos, daráselles a coñecer para que poidan atopar a súa familia definitiva.

Imagen

Proxecto Xesta

Xesta é un proxecto no que se traballa con  persoas que viven na rúa cos seus cans. O proxecto ten varias fases.
Imagen
Na primeira fase entramos en contacto coas persoas levándolles unha caixa con recursos de alimentación e saúde básica (pienso, desparasitante e  un xoguete para o can), deixándolle o noso contacto para que poidan poñerse en contacto con nós para o que queiran.
Imagen
Na segunda fase dámoslles a posibilidade de entrar no programa de casas de acollida de noite para que poidan acceder a recursos como o albergue ou o comedor social. Desta forma, poden deixar ao seu can nunha casa de acollida do noso voluntariado durante a noite e poder ir durmir a cuberto, ademais de entrar nos proxectos sociais que apoian á persoa na súa integración na sociedade.
Imagen
Na terceira fase, traballamos directamente coas persoas propoñéndolle actividades de integración social co elemento vinculante do can, en deportes como canicross ou en actividades de voluntariado na protectora de animais Os palleiros.

Proxecto Canmáldonos

Os cans pódennos proporcionar numerosos beneficios á hora de regular a nosa situación emocional. Con este proxecto queremos descubrir á comunidade universitaria unha nova forma de entender a relación cos animais e coas súas propias mascotas para mellorar o estrés e a ansiedade.
Imagen

Programa AFAGA

Programa de formación práctica que busca dotar de ferramentas reais en intervención ao alumnado que xa ten unha base teórica para traballar no mundo das intervencións asistidas con animais, especializándose a través deste programa nun centro para persoas que teñen demencia e alzheimer.

Programa COGAMI

Programa de formación práctica para as persoas que xa se formaron de forma xeral en intervencións asistidas con animais, tendo agora unha formación específica especializada en discapacidade intelectual e física dentro dun centro ocupacional. Ao colaborar con COGAMI, unímonos á proposta deste centro, que crea oportunidades de traballo e ocupación nas persoas que acoden ao centro. Neste curso propóñense actividades que poidan facer as persoas usuarias, como por exemplo cociñar galletas para os cans ou confeccionar alfombras de olfacteo ou mordedores, coa finalidade de crear opcións de financiación tanto para os seus proxectos como para os nosos.
Imagen

Obrint portes

Obrint portes é un programa que se leva a cabo en colaboración con Al perro verde.  Neste programa iremos aos centros penitenciarios para mellorar a xestión emocional (agresividade, estrés e comunicación) das persoas internas. Para isto, axudarannos a rehabilitar e socializar aos cans da protectora Os palleiros seleccionados para participar neste programa, e ensinándolles aos cans as nocións básicas de adestramento e regulación das emocións aprenderá a extrapolalo para aprender a facer a nivel persoal o que adestraron cos cans.
Ada intervenciones
Rúa E.Heraclio Botana, patio interior, 8 · 36201 · Vigo, Pontevedra
673 45 25 43
www.adaintervenciones.com

Con tecnología de Crea tu propio sitio web único con plantillas personalizables.
  • ¿Qué es ADA?
    • Educación
    • Hipoterapia
    • Proyectos
    • Formación
    • Equipo
  • Que é ADA?
    • Educación
    • Hipoterapia
    • Proxectos
    • Formación
    • Equipo